Cuarta edición do reto solidario «A Santiago contra o cancro»

A Santiago contra o cancro

O concelleiro Luis Meijide recibiu recibiu na praza do Obradoiro os participantes na carreira «A Santiago contra o cancro 2014», reto solidario promovido por cuarto ano pola Asociación contra o Cancro de León.
Esta é unha carreira de relevos que percorre os 350 quilómetros que separan León de Santiago para recadar fondos para a loita contra o cancro.

Nesta cuarta edición da proba solidaria, os 60 relevistas partiron o venres 27 de xuño dende a praza da Catedral de Leon. Grazas a este reto, os organizadores recadaron 20.000 euros en doazóns para a Asociación Española contra o Cancro (AECC).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar