O escritor Agustín Fernández Paz recibe o XXXII Premio Trasalba

Agustin Fernández Paz_Premio Trasalba 2014

O escritor Agustín Fernández Paz recibiu este domingo o XXXII Premio Trasalba pola súa «contribución» á literatura infantil e xuvenil, así como polo seu «compromiso» coa lingua galega e os movementos de renovación pedagóxica iniciados nos anos 80.

A Fundación Otero Pedrayo fixo entrega do galardón ao escritor de Vilalba (Lugo) este domingo nun acto literario celebrado no auditorio da Casa Grande de Cimadevila, no que tamén se presentou o libro ‘Agustín Fernández Paz. A casa da Esperanza’.

Ademais do premio que ten carácter honorífico e está representado por unha figura de bronce de Outeiro Pedrayo, obra do escultor Manuel Buciños, Fernández Paz recibiu unha fotobiografía do autor e unha edición especial que edita a Fundación da obra presentada no evento.

Na edición anterior a homenaxeada foi a gaiteira Crisitina Pato, quen estivo presente no acto deste domingo, ao que acudiu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez.

Agustín Fernández Paz conta entre os seus galardóns co Premio Nacional de Literatura 2008, os galardóns Merlín (1989), Lazarillo (1990), ou Xerais de Novela (2007), entre outros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar