Louzán presenta ao sector o plan «Pontevedra, destino intelixente»

image

Louzán presenta a 350 empresarios do sector o proxecto «Pontevedra, destino intelixente», que creará unha plataforma tecnolóxica para modernizar a xestión do turismo
Trátase dunha experiencia piloto en España apoiada pola UE no seu financiamento de 2,5 millóns de euros
O presidente da Deputación de Pontevedra presentoulle hoxe ó sector da hostelaría e do turismo o proxecto «Smart destinos. Pontevedra, destino intelixente» e a nova web turismoriasbaixas.com, unha experiencia piloto en España que conta co apoio da UE no seu financiamento de 3 millóns de euros.

«Pontevedra, destino intelixente» concrétase na creación dunha plataforma tecnolóxica turística intelixente que modernizará as infraestruturas das TIC para a xestión do turismo provincial, permitirá establecer mecanismos estables de comunicación e colaboración cos axentes do sector, axudará a cumplir os obxectivos de promoción e comercialización do produto turístico, e facilitará, finalmente, a análise e a toma de decisións por parte dos seus xestores.

A aplicación App hoxe presentada é, xunto a una aplicación similar no País Vasco, única en España no sector e está en varios idiomas como inglés, francés, alemán, italiano e portugués.

O portal privado que hoxe se dará a coñecer a 350 empresarios do sector disporá dun enlance ó portal público. Só accederán a el os empresarios que poderán así comercializar os seus produtos a través do devandito portal.

A plataforma tecnolóxica contará tamén cun sistema de xestión de máis de 5.000 recursos turísticos da provincia.

O proxecto «Smart Pontevedra destino intelixente» ten un orzamento de 2,5 millóns de euros e a parte que hoxe se presenta supón un investimento de 1,2 millóns. O resto incluirá aspectos como a impartición de 14 cursos a partir de setembro e 56 itinerarios, así como a instalación de 20 oficinas turísticas sustentables na provincia que serán instaladas antes da Semana Santa de 2015.

MODERNIZACIÓN E COMPETITIVIDADE

Segundo Louzán, a Plataforma «será o definitivo impulso para a modernización e a competitividade do noso sector a través das TIC».

O «Smart destinos Rías Baixas» define a xestión dos novos destinos turísticos do século XXI baseándose na planificación, na incorporación da tecnoloxía na experiencia do turista e na prestación de servizos, no aproveitamento dos recursos e na eficacia en dar respostas ás necesidades e comportamentos dos turistas.

Para Louzán, pretende xestionar doutro xeito os recursos da provincia e do sector a través dun portal web que permita a profesionais e empresarios do sector conectarse a través dunha extranet para editar información e xerar eventos sociais.

Trátase da maior base de datos do sector en tempo real e da máis moderna ferramenta intelixente ó servizo tanto dos clientes como das 27.000 empresas adicadas ó turismo e ó ocio na provincia.

Para poñela en marcha o presidente explicou que os técnicos de Turismo Rías Baixas contactaron con 1.815 empresas, visitaron 1.112 e presentárona a 38 asociacións de hostelaría e turismo. O 91% das empresas mostrou a súa intención de adherirse ó proxecto. «A día de hoxe, xa o fixeron 305», afirmou Louzán.

Dixo que hoxe as Rías Baixas son o quinto destino turístico nacional con casi 2 millóns de visitantes anuais. O sector factura preto de 2.000 millóns cada ano e supón o 12% do PIB provincial, cun nivel de emprego de 40.000 postos de traballo directos e indirectos.

«Por esto, Smart destinos convertirase nunha oportunidade da que se beneficiará a provincia e abrirá o camiño hacia un xeito novo de entender e desenvolver o turismo», subliñou Louzán.

MULTIPLICAR A OFERTA

Da plataforma tecnolóxica hoxe presentada beneficiaranse as empresas turísticas para multiplicar as súas ofertas e compartir as súas loxísticas. E beneficiaranse tamén os turistas pois disporán dunha amplísima base de datos que ampliarán as súas opcións de ocio e turísticas.

Na súa presentación ó sector, Louzán afirmou que «bríndase un soporte excepcional para fomentar a cooperación entre os axentes co obxectivo de definir paquetes de promoción comercializables que supoñan un revulsivo para o turismo das Rías Baixas».

Na súa intervención o presidente da Deputación lembrou que «temos un territorio con extraordinarios recursos naturais e turísticos e un sector que é un pilar da reactivación económica. E a Deputación ten a obriga de coordinar as accións cos empresarios para aproveitar esta potencialidade. Queremos aproveitar as sinerxias públicas e privadas para sacar o máximo partido en beneficio do sector e da provincia».

ESTRATEXIA

O presidente da Deputación de Pontevedra asegurou que a «a nosa estratexia artéllase en torno a tres piares: a internacionalización, a colaboración público-privada e a busca permanente de oportunidades, e a plataforma que hoxe presentamos vai nesa dirección. O sector debe involucrarse nela para acadar os obxectivos que colectivamente nos propuxemos».

Os establecementos consultados para instalar a plataforma tecnolóxica do proxecto «Pontevedra, destino intelixente» indicaron que, a maioría deles, prefire evitar a intermediación para comercializar os seus produtos. Indicaron que hoxe o 60% comercializa apoiándose en intermediarios, o 75% deles a través de Booking.com.

Destacaron tamén a pouca madurez tecnolóxica do sector pois o 20% das empresas ten PMS, aínda que nos hoteis a presenza aumenta ata o 50,6%, só o 1,3% dispoñen de Channel Manager e só 12 hoteis e unha casa rural o utilizan. Os citados establecementos manteñen unha presenza nas redes sociais do 85% pero só o 30% teñen presenza de programas de fidelización.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar