«Atardecer no Gaiás»: O xoves, a banda coruñesa Sensancional

Atardecer no Gaiás

O ciclo Atardecer no Gaiás volve na súa cuarta edición a poñerlle música, ritmo e vangarda ás tardiñas de Compostela.

Atardecer no Gaiás mantén a súa idea orixinal de ofrecer espectáculos en pequeno formato no solpor dos xoves, venres e sábados do verán, a partir das 21:00 horas. Do 3 de xullo ata o 30 de agosto, a praza exterior da Cidade da Cultura de Galicia acollerá 24 actuacións nas que se fusionará a música clásica coa tradicional, o pop e o rock, o jazz, o flamenco, a electrónica ou o funk.

O ciclo comezará o xoves 3 de xullo cunha festa de presentación na praza do Toural a cargo da banda coruñesa Sensacional e rematará o 3 de agosto cun gran concerto final con Toy, unha das máis interesantes bandas de Reino Unido. Entre mentres, na praza exterior do Gaiás soarán as máis diferentes voces e ritmos con espectáculos que van desde o pop de Grampoder ao folk de Talabarte, o indie de La Maravillosa Orquesta del Alcohol o Los Punsetes, a copla de María Rodés, bandas internacionais como os lusos Gala Drop ou a norteamericana Eleanor Friedberger, e o xa clásico miniciclo da Orquestra de Cámara Galega.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar