Descúbrese en Pontevedra unha praga que afecta ao buxo en toda a península

 

Praga do Buxo Depo
A intensa labor dos técnicos de Areeiro na detección e control de pragas permitiu, unha vez máis, descubrir unha nova praga que acaba de introducirse na Península Ibérica e que afecta ao buxo.
A praga identificouse a raíz da análise dunhas mostras de buxos en Tomiño e nunha posterior inspección na zona, comprobouse que a aparición do insecto non é un caso illado, senón que afecta a varias zonas do Baixo Miño.
Trátase da Cydalima Perspectalis, unha bolboreta cuxas larvas comen as follas desta planta ornamental e pode chegar a matala polo ataque á codia. De feito, no período 2010-2012 devastou amplas áreas de buxo en zonas boscosas de Basilea (Suiza).
Ata o de agora non se detectara nunca en ningún punto de España nin Portugal, aínda que si noutros países de Europa.
O insecto en cuestión é orixinario de Asia e o método máis probable de introdución en Galicia é o do comercio internacional: alguén (persoa ou viveiro) que adquirise plantas en puntos onde esta praga xa existe e que así entrase en Galicia.
Segundo os técnicos de Areeiro, a Cydalima Perspectalis detectada na provincia de Pontevedra sería unha primeira xeración de insectos, que é a provoca menos danos, sendo a segunda a que causa unha desecación masiva das prantas.
Por iso, desde a Estación Fitopatolóxica están dando recomendacións para o tratamento desta praga (que ten un tratamento relativamente fácil a base de piretroides) e mantéñense pendentes da súa evolución, dado que se non se toman as medidas oportunas para frear a súa evolución, a praga podería supor unha seria ameaza para as poboacións de buxo tanto silvestres como en xardíns.
Temos que ter en conta que o buxo é unha planta moi frecuente nos xardíns da provincia –de feito, hai buxos incluídos no catálogo de árbores senlleiras de Galicia no Pazo de Oca; na illa de San Simón, en Redondela ou no xardín francés do Parque de Castrelos, en Vigo.

Praga do Buxo Depo_3

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar