Abanca rexistra xa resultados económicos favorables

abanca logo blancos

Abanca, ata agora Novagalicia Banco, rexistra un resultado consolidado do exercicio de 15,476 millóns de euros ata marzo deste ano, segundo os datos difundidos este venres pola Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA).

O balance consolidado de Novagalicia no primeiro trimestre do ano sitúa o total do activo en máis de 51.764 millóns, de acordo con estes datos, mentres que o total de pasivo o fixa nuns 49.014 millóns.

No seu conxunto, o sector de entidades adheridas á Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA) anotouse un beneficio atribuído de 1.062 millóns de euros nos tres primeiros meses do ano, o que supón un aumento do 37,4% respecto ao mesmo período de 2013, segundo informou a patronal nun comunicado.

Este xoves, na presentación pública de Abanca, o seu conselleiro delegado –e o único con carácter executivo, polo que poderá cobrar un máximo de 500.000 euros–, Francisco Botas, sinalou que as súas previsións pasan por gañar 478 millóns de euros antes de impostos en 2017.

Para 2014, os novos responsables do banco prevén gañar 150 millóns e Botas aseguraron que a data de maio xa superan a previsión de beneficios que incluíron no plan de negocio, con 44 millóns antes de impostos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar