Ourense: Impulso á Administración electrónica nos concellos de menos de 20 mil habitantes

Deputación Ourense_Xornadas administración electrónica Centro Marcos Valcarce

A directora xeral de Administración Electrónica do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, María Ester Arizmendi, participou hoxe no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense nunha xornada sobre “Administración electrónica”, dirixida a alcaldes e cargos electos de concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia de Ourense, co obxectivo de mellorar e facilitarlle ao cidadán o acceso aos servizos da administración local. Arizmendi, que foi presentada polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, explicou a importancia que na actualidade teñen os trámites electrónicos para o cidadán, “polo que supoñen de aforro en tempo e custes e tamén en eficacia e eficiencia no resultado da xestión”.

María Ester Arizmendi afirmou que a xestión electrónica supón para cada cidadán un considerable aforro por cada trámite que se fai coa Administración, e dixo que no ano 2013 realizáronse máis de 370 millóns de trámites electrónicos o que supón o 70% do total, estimándose un aforro de 16 millóns de euros para os administrados.

Pola súa banda, Rosendo Fernández dixo que a Deputación de Ourense está a ser unha impulsora da administración electrónica con propostas e proxectos que mesmo o Goberno de España está a poñer como exemplo, para contribuír a simplificar trámites e facer unha administración máis accesible e achegada ao cidadán.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar