Aposta pola comunidade xitana

 

Igualdade_secretariado xitano_2

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou hoxe en Lugo a sede da Fundación do Secretariado Xitano, onde destacou o papel protagonista das mulleres xitanas na promoción do pobo xitano, a través do diálogo, a capacitación e a crecente participación deste colectivo na sociedade. A secretaria recalcou que con este esforzo, estase a xerar cambios positivos, non só dentro da propia comunidade xitana, senón en toda a sociedade.

Maila os avances, López Abella tamén apuntou que este colectivo segue a ser o máis rexeitado socialmente e afectado polos procesos de exclusión social. Ademais, a secretaría recalcou que as mulleres xitanas séguense enfrontando a día de hoxe a grandes barreiras, converténdose nun colectivo dobremente discriminado, tanto pola variable de xénero como de etnia.

Dentro da súa labor, a Fundación Secretariado Xitano aborda diferentes ámbitos sociais importantes, como son o emprego, a educación -onde segue existindo unha fenda significativa en canto o absentismo e abandono escolar fronte ó resto da poboación- vivenda, inclusión social ou saúde.

Dende o punto de vista da igualdade, no 2010 creouse o Grupo de Traballo sobre Violencia de Xénero para tratar dar resposta ás necesidades das mulleres xitanas nesta materia. Dentro deste Grupo creouse o protocolo de atención a xitanas vítimas de violencia de xénero, debido o grao de incidencia deste tipo de violencia na comunidade xitana.
Igualdade_secretariado xitano_1

 

A Fundación Secretariado Xitano é unha entidade social intercultural sen ánimo de lucro que presta servizos para o desenvolvemento da comunidade xitana no país e no ámbito europeo. O seu principal obxectivo é a promoción integral da comunidade xitana dende o respecto e apoio á súa identidade cultural, mediante ó acceso desta comunidade á dereitos, servizos, bens e recursos sociais en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.

Segundo datos da propia Fundación, son 9.000 as persoas pertencentes a comunidade xitana que residen en Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar