Os pneumáticos recollidos en Galicia en 2013 permiten construir 2.200 quilómetros de estradas

Rods_neumáticos_pneumáticos recollidos para reciclaxe

As rodas usadas recollidas polo Sistema Integrado de Xestión de Pneumáticos Usados, SIGNUS Ecovalor, en Galicia durante 2013 permitirían a construción de máis de 170 campos de céspede artificial ou de 2.200 quilómetros de estradas, segundo cálculos desta entidade que traballa en colaboración con empresas privadas, universidades e institutos tecnolóxicos no avance do mercado de materias primas secundarias derivadas dos pneumáticos fóra uso.

SIGNUS Ecovalor é a entidade responsable do reciclado dos pneumáticos fóra de uso e recolleu en Galicia durante o ano pasado un total de 13.677 toneladas de rodas usadas, un 8,4% do total recollido en España. Por provincias, retiráronse 5.058 na Coruña, 2.084 en Lugo, 1.898 en Ourense e 4.637 en Pontevedra.

Ademais, segundo datos de SIGNUS, realizáronse 16.385 operacións de recollida para atender aos 2.041 puntos de xeración da Comunidade galega que solicitaron a recollida de pneumáticos. A empresa encargada da recollida foi Sertego Servicios Ambientais.

En 2013, reutilizarse 11.394 toneladas do total recollido en Galicia, equivalentes a 130.878 unidades de pneumáticos, tanto para a venda de ocasión coma para o seu recauchutado. O resto de pneumáticos destináronse a instalacións de transformación para a súa posterior reciclaxe.
DATOS NACIONAIS

No conxunto de España durante o ano pasado, SIGNUS recolleu 166.599 toneladas de pneumáticos nos 23.718 puntos de xeración que o solicitaron. Ademais das cantidades recollidas nese exercicio, a cifra final xestionada alcanza as 162.521 toneladas, das cales 144.549 toneladas foron recicladas ou valorizada materialmente converténdose en triturado e granulado de caucho para diversas aplicacións, como campos de fútbol de céspede artificial, baldosas de seguridade para parques infantís, mesturas asfálticas ou obxectos moldeados.

Pola súa banda, 68.990 toneladas destináronse a valorización enerxética, que serviron para xerar enerxía eléctrica ou como combustible de substitución en fornos de fabricación de cemento. As 17.972 toneladas restantes clasificáronse polos recolledores seleccionados por SIGNUS para a súa reutilización, ben a través do mercado de ocasión ou do seu recauchutado.

Entre as misións de SIGNUS está buscar novos mercados e novas aplicacións para o caucho reciclado, polo que desenvolve liñas de I+D, como o proxecto ‘New Jersey’, financiado polo programa Life+, no que se desenvolveron dous tipos de barreiras de seguridade vial fabricadas a partir de materiais procedentes de pneumáticos fóra de uso. En 2013 tamén se publicou a primeira guía para a fabricación de betumes con po de pneumático e desenvolveuse o proxecto ‘Recysole’, xunto á empresa Ecoalf, que acaba de comercializar unhas flip flop feitas con caucho reciclado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar