O PP de Ourense valora os orzamentos municipais como «irreais»

Rosendo FErnández_Beatriz Tejada_rolda de prensa Concello_dependencias PP Ourense

O portavoz do Grupo Municipal do PP de Ourense, Rosendo Fernández, así como a concelleira Beatriz Tejada, compareceron hoxe en rolda de prensa para facer unha valoración dos Orzamentos Municipais de 2014, avanzando que os populares presentarán emendas en tempo e forma, xa que o prazo para presentalas finaliza o luns 23 de xuño.

Os populares analizaron as contas municipais dende diferentes puntos. Dende o punto de vista formal, destacan o que consideran «incumprimento notorio» dos prazos que establece a normativa de Facendas Locais. Tamén o incumprimento do principio de nivelación ou equilibrio orzamentario, segundo o artigo 165.4 da Lei de Facendas Locais: «cada un dos presupostos que integran o orzamento xeral deberán aprobarse sen déficit inicial». É dicir: que os ingresos deben ser realistas e responder a bases sólidas que os fundamenten.

Tamén detectan incumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria e da regra de gasto; e dun acordo plenario do 2 de maio de 2014 onde se probou o teito de gasto (PP+PSOE a favor, BNG en contra e DO abstención). E, por último, subraian a insumisión a acordos de diferentes contratos e acordos con outras institucións, con consecuencias económicas moi gravosas para o Concello (intereses 8.25%).

GASTOS CORRENTES

Os populares detectan que o gasto de Persoal e Gasto Corriente supón un 84% do Orzamento. Ademáis, as inversións reais son tan só un 2% do total (2.443.475,71€), xa que contabilizan como inversión a indemnización por sentencia xudicial de Proavia: 2.528.812,64€.

Non se inclúe o Plan de Inversións, tan solicitado polos veciños como polos empresarios da construcción, de 3,5 millóns de euros para o ano 2014. Tampouco se cumpren acordos plenarios sobre diferentes actuacións de infraestruturas municipais na cidade (rúas Habana e Concejo). E, por último, non coincide a estrutura de servizos que se amosa no Anexo de Persoal e as consignas crediticias.

«INGRESOS INFLADOS»

O terceiro punto de análise dos populares está referido aos ingresos, que califican de irreais e inflados, xa que según declaración da concelleira de Urbanismo, a señora Áurea Soto a petición da Intervención Municipal, declara que no ano 2014 se ingresarán 815.000€ entre imposto de construccións, instalacións e obras; así como licencias urbanísticas.

O Grupo Popular do Concello de Ourense pon en dúbida que vaian a ser posible estas previsións, xa que no ano 2013 recadáronse por ese concepto 321.936,93€, en contabilidade, a marzo de 2014, se levan computados 70.513,39€, o cal extrapolando nos daría uns ingresos de 282.053,56€ para o presente exercicio.


PROPOSTAS

Tras esta análise, o Grupo Municipal do PP plantexa una serie de propostas que serán completadas a modo de emendas cunha análise máis pormenorizada por áreas municipais e entre as que cabe citar que o Concello cumpla ca Lei estatal de Teito de Gasto e a creación de un procedemento de racionalización do gasto municipal

Rosendo Fernández e Beatriz Tejada concluiron na rolda de prensa que o Grupo Municipal do PP seguirá analizando os máis de 1.000 folios que constan no expediente e presentarán en tempo e forma as súas emendas, prazo que remata o luns 23.

Precisaron que este é un orzamento do goberno dividido do PSOE, onde predomina «o gasto polo gasto e sen ter en conta inversións importantes para a cidade. Así, incluindo ingresos irreais e gastando, que non invertindo, pode gobernar calquera. Non hai proxecto de cidade, nen actuacións que revirtan no beneficio dos ourensáns».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar