A presidenta de Xestur Galicia analiza en Ourense a situación do solo empresarial

Baltar_acto Xestur Galicia

A presidenta de Xestur Galicia, S.A. e directora xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, a enxeñeira de Camiños, María Teresa Gutiérrez, ofreceu unha conferencia-coloquio no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» da Deputación de Ourense na que analizou a situación do solo empresarial e as condicións de venda e axudas.

Gutiérrez foi presentada polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, quen destacou a importancia de seguir impulsando a internacionalización das nosas empresas, no marco do Plan «Transforma Ourense», e de impulsar o desenvolvemento do Plan estratéxico de parques empresariais da provincia de Ourense, unha iniciativa que permitirá a calquera investidor acceder a unha importante información referida á situación dos parques empresariais da provincia de Ourense, dende os metros cadrados dispoñibles, ás condicións de compra de solo, ou empresas da contorna que están situadas en cada parque empresarial, co obxectivo de que toda esta información poda ser consultada nun único espazo web para facilitarlle os trámites e o acceso informativo ao posible investidor.

O acto, organizado polo Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, contou asemade coa participación do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar