As Rías Baixas intégranse na Ruta dos Fenicios, un itinerario cultural do Consello de Europa

Monte Facho de Donón, Cangas, onde aparece un santuario fenicio.
Monte Facho de Donón, Cangas, onde aparece un santuario fenicio.

A Deputación de Pontevedra adhírese e integrase na Ruta dos Fenicios, un dos Itinerarios Culturais internacionais reconocidos polo Consejo de Europa. A deputada Ana Isabel Vázquez e o director do Itinerario Europeo, o italiano Antonio Barone, asinaron hoxe a denominada «Carta de Jaén» na que se marca o nacimento da rede desta Ruta en España. Chámase así por estar a Oficiña de coordinación desta ruta internacional na Universidade de Jaén.
A inclusión da Deputación de Pontevedra na Ruta dos Fenicios foi aceptada tendo en conta os achádegos que se produciron nos xacimentos da Idade de Ferro e que vencellan ás Rías Baixas co mundo fenicio a través de contactos e redes comerciais.

INTERCULTURALIDADE

A Ruta dos Fenicios é considerada como o Itinerario da Interculturalidade, da conexión e os intercambios de culturas distintas e distantes.
Con esta iniciativa, a Deputación trata de valorizar o patrimonio e aproveitalo como elemento cultural e, sobre todo, do Turismo Cultural. O obxectivo é valorizar o patrimonio dos lugares con presencia fenicia e desenvolver novos modelos pedagóxicos e turísticos que respondan ás necesidades de intercambio e de turismo cultural de hoxe en día.
A pegada da cultura fenicio-púnica nas Rías Baixas é patente en case todos os xacementos arqueolóxicos investigados. Pero, sobre todo, nos seguintes catro:
– Na Punta do Muiño do Vento, en Vigo (hoxe Museo do Mar) onde se conserva un altar púnico.
– No Monte Facho, en Donón (Cangas), que, como explicou no acto o seu director e membro do comité científico da Ruta dos Fenicios, José Suárez, Mariño, era un santuario fenicio, con altar para ofrendas e mostras de cerámica pintada e outros materiais
– No castro de A Lanzada, que era unha factoría fenicio-púnica, vencellada aos comerciantes do Mediterráneo, de salazón e outro tipo de salgueiras.
– No Monte Castro, en Ribadumia, onde se atopou diversa cerámica dos séculos V ata o I antes de Cristo. Tamén un vidrio con boca de alabastrón que se expón no Museo de Pontevedra. E diversas cerámicas pintadas.
Os fenicios -que foron expertos navegantes e comerciantes dende o século XII antes de Cristo- utilizaron os mares Mediterráneo e Atlántico como vía comercial e cultural. Ao longo dela, orixinaron toda unha civilización baseada no intercambio de productos manufacturados, de personas, ideas e colonias e cidades que fundaron (Cádiz, Cartagena, Ibiza, Almuñécar, Beirut, Tiro….). Por eso, hoxe, a Ruta dos Fenicios representa o modelo da Interculturalidade

RUTA DAS CASITÉRIDES

Os fenicios actuaban polo Mediterráneo e, dende Gibraltar, derivabanse hacia a costa africana, dun lado, e doutro, hacia a costa atlántica onde chegaron ata as Rías Baixas para seguir, dende ela, hacia Asturias, Cantabria e Inglaterra.
Previsiblemente, a Ruta dos Fenicios chamaráse, nas Rias Baixas, a Ruta das Casitérides (as illas do estaño).
O itinerario cultural Ruta dos Fenicios pasa por 14 países do Mediterráneo e do Atlántico e por máis de 80 cidades de orixe e cultura fenicia de 3 continentes (Europa, Asia e Africa).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar