Semana Verde: Festur presenta as príncipais romarías

Semana Verde_Festur

A I Feira de Festas de Interese Turístico, Festur 2014, que se celebra de forma paralela á Semana Verde de Galicia coa presenza de 23 destas celebracións galegas, acolleu a presentación das alfombras florais do Corpus Christi do Concello de Ares, Folión de Carros de Chantada, Festa da Dorna de Ribeira e Alto do Xenerais dos Concellos de Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Boqueixón, Vedra, Touro, Teo e Padrón.

Así mesmo, no seu marco tiveron lugar as degustacións de diversas festas, como foron as da Pescada do Pincho de Celeiro, do Concello de Viveiro; da Festa da Empanada de Bandeira e a Romaría da Tortilla de Laro, ambas do Concello de Silleda; e da Feira do Cocido, de Lalín.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar