Semana Verde: En marcha o salón Salimat 2014

Semana Verde_Xornadas Técnicas_2
De esquerda a dereita: Higinio Mougán, director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), Odilo Matiñá, e José Montes Pérez, presidente de Agaca.

O salón de alimentación Salimat 2014, que se celebra ata o domingo de forma paralela á Semana Verde de Galicia, acolleu esta a xornada “Comercialización e Internacionalización de produtos e servizos cooperativos”, organizada polo Consello Galego de Cooperativas. Nela interviñeron Xoán Miguel Concheiro Abal, subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social; Miguel Ángel Otero Simón, director do Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior, e José Manuel García Orois, director xerente da Cámara de Comercio de Vigo.

A continuación, tamén no marco das actividades do Consello Galego de Cooperativas en Salimat, tivo lugar a xornada gastronómica “Menú: Cooperativas de Galicia. Consumo Responsable, Consumo Solidario con Galicia”, un proxecto que conta coa colaboración do Grupo Galicia Gourmand e que está orientado a impulsar o sector alimentario cooperativo galego e o seu recoñecemento entre os consumidores, así como espertar o interese do consumidor responsable.

 

Semana Verde_Xornadas Técnicas
Miguel Ángel Otero Simón (esquerda) e José Manuel García Orois (dereita).

Odilo Martiñá Rodríguez, director xeral de Traballo e Benestar, foi o encargado de introducir esta xornada gastronómica, na cal se presentaron 13 pratos de nove cociñeiros do Grupo Galicia Gourmand elaborados con produtos de 18 cooperativas e maridados con 7 viños tamén de cooperativas. Entre outros, participaron os importadores e distribuidores presentes nos Encontros de Compradores de Salimat.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar