A Fundación Provigo defende o mantemento do partido xudicial de Vigo

Caballero_Fundación pro Vigo

Abel Caballero anunciou onte que todos os membros da Fundación Provigo acordaron por unanimidade apoiar o partido xudicial de Vigo e transmitir esta opinión ao Consello do Poder Xudicial que o xoves emitirá o seu informe sobre o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. O obxectivo, dixo, é conseguir que este organismo teña en conta os problemas que acarrearía a nosa cidade o desmantelamento das súas infraestruturas xudiciais.

Durante a reunión do Patroado da Fundación Provigo, tamén se decidiu seguir coas xornadas loxísticas que se veñen organizando, de xeito, que o próximo venres 20 de xuño, será a ocasión de analizar o transporte de mercadorías, en contacto coas grandes industrias e o porto de Vigo, unha cuestión «central» para o desenvolvemento económico de Vigo.

Posicionamento estratéxico
Abel Caballero tamén deu conta da decisión de Provigo de establecer as bases que permitan realizar un estudo sobre o posicionamento estratéxico da cidade, nun momento no que estamos a saír da crise e entrando nun novo estadio económico. «É o mellor momento», precisou, de estudar a aclosión dos sectores tradicionais nesta nova dinámica económica, de estudar novos sectores e de explorar novas oportunidades de negocio. Na súa opinión, este traballo debe facerse desde Provigo, a pesares do abandono da Xunta, da Deputación ou da Autoridade Portuaria. Según os seus cálculos, este ano habería que elaborar os elementos centrais dese estudo para poder contratalo e que poidera estar rematado a finais de 2015.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar