A demanda do grao de enxeñería fisíca en Ourense foi aprobada pola Deputación

Baltar_pleno Deputación Ourense

A Corporación Provincial de Ourense celebrou sesión plenaria extraordinaria tendo como único punto da orde do día o pronunciamento sobre a implantación do grao de Enxeñería Física no Campus de Ourense no curso 2014-2015, acadándose por unanimidade un doble acordo no sentido de demandalo. Por unha parte, rexeitar o acordo do Consello Galego de Universidades que aprazou a implantación do grao da Enxeñería de Física no Campus de Ourense no curso académico 2014-2015 e tamén instar a convocatoria do Consello Galego de Universidades, con carácter urxente, para que os estudos do Grao en Enxeñería Física para Ourense comecen en setembro de 2014 no Campus.

Días pasados, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a solicitude de audiencia por parte da Plataforma pro Campus de Ourense, que se reuniu co presidente provincial para sumar o apoio desta institución para a implantación do grao de Enxeñería Física no Campus. Manuel Baltar explicou que a Deputación de Ourense é a institución que máis ten contribuído á implantación e o desenvolvemento do noso campus e que o goberno provincial segue a manter a súa coherencia na reivindicación de apoio á implantación do grao de Enxeñería Física.

Tamén comentou Baltar que dende que tivo coñecemento da solicitude de audiencia, que leva aparellada a petición da convocatoria dun pleno extraordinario, ningún grupo político da corporación provincial lle solicitou a celebración de tal pleno, pero afirmou que el, como presidente e dentro das competencias institucionais que lle atribúe a lexislación, convocará ese pleno para o vindeiro mércores, día 11 de xuño, ás 11.00 horas, co obxectivo de apoiar unha declaración que inclúe dous acordos que redactaron conxuntamente na reunión de hoxe o presidente e os representantes da Plataforma pro Campus.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar