A Deputación de Ourense promove boas prácticas ambientais no plan Participa

Plan Parlticipa_Deputación Ourense

A Deputación de Ourense inicia a campaña de verán do Plan particip@, que levará a 19 concellos da provincia actividades de concienciación sobre boas prácticas medioambientais, unha iniciativa pioneira en Galicia, que lidera a Deputación de Ourense, e que ten como obxectivo o desenvolvemento sostible dos concellos e a difusión entre a cidadanía de iniciativas que melloren o medio ambiente, aforren auga e enerxía e permita a correcta xestión dos residuos, entre outras propostas.

Entre los meses de xuño, xullo e agosto levaranse a cabo diferentes accións de sensibilización medioambiental cos veciños de 19 concellos adscritos á Rede de Municipios Ourensáns pola Sostibilidade, coa participación de estudantes universitarios en prácticas que visitarán estes concellos preferentemente os días de feira. As actividades consistirán na montaxe dun stand onde se realizarán actividades formativas, informativas e obradoiros nos que se explicarán medidas domésticas de desenvolvemento sostible, daranse a coñecer os espazos naturais da provincia e proporanse medidas para a súa conservación.

CREAR «CONCIENCIA AMBIENTAL»

No mes de xuño visitaranse os concellos do Carballiño, Trasmiras, Celanova e A Merca; en xullo serán os concellos de Quintela de Leirado, Sarreaus, Baltar, Gomesende, A Gudiña, Ramirás e Xinzo de Limia, e finalmente en agosto as actividades do Plan Particip@ trasladaranse aos concellos do Barco de Valdeorras, Sandiás, A Bola, Cartelle, Porqueira, Pontedeva, Verea e Rairiz de Viga. En todos eles, aos participantes entregaráselle material de promoción de boas prácticas medioambientais e realizaranse enquisas sobre os temas que máis interesan á poboación nesta materia.

A finalidade deste proxecto é crear “conciencia ambiental” na cidadanía. Neste senso, a rede, coordinada dende o Departamento de Medio Ambiente da Deputación de Ourense está a promover tamén un estudo de aforro enerxético; a integración de alumnos universitarios para que realicen prácticas dentro dos proxectos da rede, e campañas de sensibilización e divulgación para cidadáns co obxectivo de implicar a participación social nas prácticas sostibles.

POR UNA «ECONOMÍA VERDE»

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirma que hai que apostar por unha “economía verde” e para elo é necesario “desenvolver iniciativas que fagan máis eficientes o uso dos recursos medioambientais nos nosos concellos”. Baltar destaca que a Deputación de Ourense é a primeira de Galicia que lidera unha iniciativa medioambiental “en rede” a prol do desenvolvemento sostible dos concellos, “por medio da cooperación e do consenso político e social, o que permitirá abordar os problemas do medio ambiente de maneira conxunta e con máis eficiencia e aforro, pensando no benestar dos cidadáns do presente e do futuro”.

Ao longo de 2014 estanse a realizar accións dirixidas a implicar aos diferentes grupos sociais, entidades e estamentos públicos no desenvolvemento sostible local, e outras orientadas á optimización e mellora da xestión pública. Os principais obxectivos son o aforro municipal e o achegamento da poboación á xestión pública a través do intercambio de información e experiencias, propiciando así, un espazo para a reflexión e o diálogo aberto entre representantes da administración, técnicos e cidadáns da provincia de Ourense no ámbito da sostibilidade.

O Plan Particip@ está concebido para a difusión e promoción da participación cidadá neste proxecto integral de sostibilidade. O plan inclúe foros de debate, obradoiros, conferencias e un “Xeoportal interactivo”, que é unha plataforma virtual a modo de punto de encontro para os axentes sociais, que permite o intercambio de información. O Plan Particip@ elabora tamén un manual de boas prácticas a seguir para a posta en marcha de programas sociais adaptados para cada municipio e aplicable a cada tipoloxía de concello da provincia de Ourense.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar