A Radio Galega celebrou en Cerceda o encontro anual cos ointes

Pensando en ti_Marcial Mouzo_Radio Galega_Cerceda

Como cada ano nos primeiros días de xuño chega o momento da agardada xuntanza organizada polos oíntes de “Pensando en Ti”, da Radio Galega. O programa nocturno, capitaneado por Marcial Mouzo, o seu director e presentador, volveveu celebrar este domingo a súa festa anual no parque acuático de Cerceda na compaña dos seus seguidores máis incondicionais.

Como é xa tradición, esta cita deu comezó as 10.00 coa celebración dunha misa, que oficiou o padre Lista, como preámbulo dunha xornada festiva en que houbo un xantar e música no transcurso de toda a velada, a cargo da orquestra Jerusalén. Na sobremesa sorprenderán tamén as actuacións de intérpretes como Jorge Menéndez, Marietta, José Luís Rodríguez “O puma da oca”, Merchy Treviño e Alberto Cunha, que amais fixo as delicias dos asistentes coas súas divertidas imitacións de persoeiros.

“Pensando en Ti” é un dos programas radiofónicos máis escoitados en Galicia, de luns a venres, entre as 02.00 e as 06.00 h. da madrugada, definido polo protagonismo absoluto que ten a participación dos oíntes. Ademais da liña habitual do espazo, en que a actualidade e as chamadas da xente marcan os contidos, préstase unha atención especial aos temas e preocupacións laborais das persoas que desenvolven o seu traballo pola noite, ou simplemente a aquelas que se senten soas ou que non poden durmir.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar