A Xunta recurre ante o Tribunal Supremo a sentencia do Prestige

Prestige_barco esnaquizado.

A Xunta formalizou ante o Tribunal Supremo o recurso de casación fronte á sentencia da Audiencia Provincial da Coruña en relación co accidente do Prestige.

Os servizos xurídicos da Xunta recorreron ao alto Tribunal a sentenza emitida o pasado 13 de novembro en relación á absolución do capitán do buque sinistrado, Apostolos Mangouras por considerar que o responsable do barco no momento do seu afundimento incorreu en delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, delito por danos por imprudencia grave, ademais dun grave delito de desobediencia á Autoridade marítima española.

Na mesma liña, a Xunta considera que Apostolos Mangouras incorreu en graves neglixencias coma o sobrecalado do barco que presentaba o barco, a manobra de adrizamento do barco despois do accidente que anulou toda alternativa de salvamento, empeorando gravemente a súa situación. Ademais, o recurso pon de manifesto o estado deficiente de dispositivos de seguridade que presentaba o Prestige, o que o goberno galego considera graves desatenciones das obrigacións básicas do capitán sobre o control dos elementos de seguridade do barco, tanto da súa navegabilidade, como dos medios de resposta frente a unha avería ou situación de emergencia.

O goberno galego considera que a sentenza da Audiencia Provincial debe ser anulada por infracción de dereitos fundamentais e por infracción da Lei. Reclama a aplicación do Convenio Internacional sobre Responsabilidade Civil por danos debidos a contaminación por hidrocarburos de 1992, e do Convenio Internacional sobre a Constitución dun Fondo Internacional de Indemnización de danos debidos a contaminación por hidrocarburos (FIDAC) de 1992, en relación ca responsabilidade civil derivada destes delitos.

Polo tanto, a Xunta de Galicia reclama 1,3 millóns de euros polo custe estimado correspondente ao reciclado e eliminación de 10.000 toneladas de residuos de fuel mezclado con arena, auga, plásticos, e otros elementos. Así mesmo, considera que procede que o Tribunal Supremo recoñeza unha indemnización polos danos medioambientais a medio plazo producidos como consecuencia do accidente, por considerar debidamente acreditados tales danos e que cuantifica en 2.433 millóns de euros.

O recurso plantexado pola Xunta mantén que deben ser declarados responsables civís dos danos producidos, tanto ao capitán do Prestige, coma a compañía aseguradora do barco, “The London Steampship Owners Mutual Insurance Associatión LTD” (The London P&I), e á naviera armadora do buque “Universe Maritime, LTD.”, coma responsable civil subsidiaria. Solicitando a declaración de responsabilidade civil directa e solidaria para a compañía aseguradora hasta o limite cuberto pola póliza, 1.000 millóns de dólares.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar