O can de palleiro terá estará presente na Semana Verde de Galicia, desde o dia 12

Semana Verde de Galicia_demostración cans de palleiro

– O can de palleiro será protagonista dun interesante programa de actividades que se desenvolverá na 37º Semana Verde de Galicia, a cal se celebrará do 12 ao 15 de xuño na Feira Internacional de Galicia.

Así, esta raza autóctona galega centrarán dúas demostración de adestramento, unha de alta escola a cargo do I Equipo de Can de Palleiro, e outra dun cachorro da raza, ademais dunha exposición de exemplares e unha exhibición de agility (modalidade onde un guía dirixe ao can sobre unha serie de obstáculos que debe librar da maneira máis exacta posible e contra reloxo).

Os visitantes poderán ver tamén unha completa exposición fotográfica composta por 91 instantáneas que forman parte dun concurso co can de palleiro como tema principal e cuxos premios se outorgarán durante a feira.

Así mesmo, no marco do certame farase entrega de diversas distincións de Can de Palleiro e tamén do Palleiro de Honra, que nesta ocasión se concede á Televisión de Galicia e será recollido polo programa Labranza.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar