Iniciativas pioneiras para a integración das novas tecnoloxías no ensino

 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou esta mañá o carácter pioneiro das iniciativas da Xunta de Galicia para a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no ensino, así como a importancia das estratexias e proxectos de dixitalización que o seu departamento está a desenvolver na cultura, en concreto nos eidos bibliotecario e de arquivística. Fíxoo no marco do relatorio ‘Galicia na era dixital: oportunidades para a cultura e a educación’, co que o titular do departamento educativo do Goberno galego participou no I Foro Iberoamericano de Educación y Cultura (FIECED), encontro que se celebra hoxe e mañá na Cidade da Cultura de Galicia.

Vázquez Abad sinalou a necesidade de facer converxer a profesorado e recursos e contidos para a integración efectiva das TIC nos centros educativos, dous factores aos que se unen o alumnado e as familias no Proxecto Abalar, estratexia neste eido que desenvolven a Consellería e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e que “non só dora ás aulas de equipamentos informáticos, senón que capacita á comunidade escolar para o bo uso das TIC e para o seu máximo aproveitamento desde o punto de vista didáctico”. “Con este proxecto, un dos máis completos de España – explicou- Galicia foi unha comunidade pionera, facendo un importante esforzo en prol do ensino e a formación das novas xeracións”.

O conselleiro salientou ademais que o Abalar, que xa chega a 50.000 estudantes de 2.500 aulas – o 80% delas públicas- en 531 centros, busca concienciar sobre os perigos do uso da internet e evitalos. Neste sentido salientou, entre outras iniciativas neste eido, fitos como of eito de que Galicia fora o primeiro Associate Partner en España do Innovative Technologies for an Engaging Classroom (ITEC), asi como a primeira comunidade autónoma que recolle nun mismo protocolo o tratamento do acoso e do ciberacoso, ao abeiro da Lei de Convivencia elaborada pola Consellería.

Participación da comunidade educativa
Respecto da participación da comunidade educativa na estratexia de integración das TIC no ensino Vázquez Abad sinalou o éxito do espazoAbalar, a plataforma do proxecto, que dispón xa de 2.086 contidos educativos dixitais en 4 idiomas, los que ata o momento se teñen realizado 2.800.000 descargas, e que contaron con 1.124.000 visitas no último ano. Este portal complétase co ‘Redeiras’, a rede social pra o intercambio de experiencias e coñecementos do profesorado, que supera xa os 9.650 usuarios e 905 grupos.
Ademais o conselleiro lembrou a posta en marcha este curso da aplicación para dispositivos móbiles ‘abalarMóbil’, que ten como obxectivo facilitar a participación das familias no proxecto, permitíndolles segui dunha forma rápida e cómoda a actividade educativa dos seus fillos e fillas.

Novos retos
Entre as novas iniciativas que se están a poñer en marcha no eido da transformación cara ao dixital dos centros o conselleiro sinalou a integración do libro dixital, reto arredor do que a Consellería xa desenvolveu un proxecto piloto. Neste sentido lembrou que o próximo curso comezará a funcionar un entorno virtual de aprendizaxe, a plataforma dixital ‘E-DIXGAL’, con contidos curriculares facilitados pola Xunta ou elaborados polos docentes, de acceso totalmente gratuíto, tanto online como offline.

Esta iniciativa permitirá substituír os manuais en papel pola modalidade dixital, facilitando ademais o acceso aos contidos que o Ministerio do ramo terá dispoñibles na plataforma ‘Punto Neutro’. O proxecto, que arrinca no curso 2014/2015 cunha previsión de chegar a 2.500 alumnas y alumnos de 5º de Primaria de centros Abalar, irase estendendo progresivamente durante os tres cursos seguintes ata chegar a 22.500 estudantes.

Galiciana, a segunda biblioteca dixital de España
Xa no eido cultural, Xesús Vázquez expuxo algúns dos proxectos máis significativos da Consellería, en concreto no que atinxe á dixitalización bibliotecaria e arquivística. No referido ao primeiro dos aspectos salientou Galiciana, a biblioteca dixital galega de referencia, como a segunda máis grande de España, formando parte ademais desde hai 5 anos da “gran enciclopedia construída entre todos os Estados membros da Unión Europea, Europeana’.

A través de Galiciana están a disposición da cidadanía preto de 5.000 registros bibliográficos e máis de 150.000 grupos multimedia, gracias tamén á colaboración de institucións como a Universidad de Santiago de Compostela, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, as Fundacións Penzol e Eugenio Granell, o Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo ou a Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.

“O noso ambiciosos obxectivo- dixo o conselleiro- é que se convirta nun directorio de proxectos dixitais en Galicia, que contribúa a un mellor e maio aproveitamento dos recursos dedicados á dixitalización, evite duplicidades e favoreza a cooperación entre institucións con fondo de patrimonio bibliográfico de interese para Galicia”.

Proxecto ARPAD
Vázquez Abad presentou tamén no seu relatorio o proxecto ARPAD, o que será o Arquivo Dixital de Galicia, para a xestión dos documentos electrónicos producidos polas administracións públicas e a conservación e difusión do patrimonio documental de Galicia. Trátase dun proxecto transfonteirizo liderado pola Xunta no que participan a Comunidade Intermunicipal Alto Miño de Portugal, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui; orientado á mellora da administración electrónica na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.

Entre os obxectivos desta iniciativa sinalou o incremento da implantación das TIC nas administracións públicas, a mellora da cooperación entre elas, a xestión e conservación documental con criterios comúns e favorecer o acceso pola cidadanía aos servizos que sexan do seu interese de forma segura e eficaz.

“En definitiva – dixo Vázquez Abad- ARPAD será o Arquivo Dixital de Galicia, que integra a xestión de todo o ciclo vital dos documentos, na súa etapa administrativa e como patrimonio de conservación permanente, tanto de documentos nacidos electrónicos como das copias dixitalizadas dos do patrimonio documental que se custodian nos arquivos de Galicia”.

I FIECED
O relatorio do conselleiro enmarcouse no I Foro Iberoamericano de Educación y Cultura (FIECED), encontro no que se reúnen preto de 200 expertos procedentes de países de todo o mundo. O foro está organizado pola Xunta de Galicia, a Casa América e a empresa tecnolóxica Crambo co obxectivo de aunar vontades, esforzos e visións dos diferentes pobos de Iberoamérica para conseguir afrontar o gran piar do futuro: a Educación na era dixital.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar