A Garda Civil rescata desde o aire a un peregrino catalán ferido nun acantilado de Cee

A Garda Civil rescatou e evacuou ao hospital de Cee (A Coruña) a un peregrino barcelonés que se atopaba «exhausto, extraviado e con diversas mazaduras e contusións» nun acantilado próximo a Fisterra.

A operación de auxilio levouse a cabo sobre as 12,00 horas, despois de recibir o aviso do 112 de que un peregrino telefonara pedindo axuda.

O helicóptero da Benemérita, segundo informou a través dun comunicado, localizou este turista na parte superior dun acantilado, nunha zona de vexetación alta e espesa.

Este home, de 65 anos de idade, foi evacuado ata o hospital de Cee, onde foi atendido polos servizos médicos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar