Vázquez Abad participou no «Dia da ONCE» en Padrón

 

Vázquez Abad_acto da ONCE_Scala de Padrón_2

O Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na conmemoración do Día da ONCE organizada polo consello territorial galego desta institución. No acto participaron arredor de 800 persoas desprazadas en autobuses desde todos os centros de Galicia e tivo lugar no hotel Scala de Padrón.

A xornada integrou unha homenaxe os traballadores que remataron a súa actividade coa institución e os alumnos que concluíron os seus estudos, ao tempo que a organización mostrou o labor social que realizan e as iniciativas desenvolvidas pola súa Fundación.

Vázquez Abad estivo acompañado pola secretaria xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar, Coro Piñeiro Vázquez e polo director xeral de educación, formación profesional e innovación, Manuel Corredoira López. Ademais, no acto tamén estiveron presentes a directora adxunta de servizos sociais da ONCE, Patricia Sanz e o delegado territorial da Once en Galicia, Manuel Martínez Pan.

TRABALLO DE VANGARDA
O titular da consellería de Educación e Cultura, destacou na súa intervención a “admiración polo traballo de vangarda que está a levar a cabo a ONCE a favor de desenvolver as capacidades individuais das persoas”. Subliñou tamén que o convenio de colaboración asinado entre o seu departamento e a organización, permite ao alumnado con discapacidade visual ser atendido por un equipo específico de docentes que suporá un custo de 200.000 euros para o vindeiro curso. O conselleiro rematou agradecendo o traballo da institución en prol da integración das persoas que integran este colectivo.

Durante o curso 2012/2013, un total de 361 alumnos con discapacidade visual foron atendidos por equipos específicos, dos cales 66 cursan ensinanzas de educación infantil; 85 de educación primaria; 45 de ESO; 21 de Bacharelato; 17 de FP; 2 PCPI; 71 de EBO; 1 de PTVA; 40 de ensinanzas universitarias; 9 de ensinanzas de idiomas e 4 educación de adultos. Para o curso 2014/2015 a consellería aportará un equipo de 6 docentes do corpo de mestres, que suporá un custo de 192.543 euros.

 

EMPREGO E REINSERCIÓN
A secretaria xeral de política social, Coro Piñeiro, destacou pola súa parte que as persoas con discapacidade seguen a ser un colectivo prioritario para o goberno galego. Lembrou que a partida orzamentaria para a discapacidade aumentou un 6%, ó tempo que sinalou que para a Xunta de Galicia a mellor ferramenta para a plena integración e a igualdade real das persoas con discapacidades, vén dada pola inserción laboral. Rematou a súa intervención lembrando a entrada en vigor da nova carteira de servizos para as persoas dependentes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar