El BNG llama a la suma de fuerzas «capaz de vencer» al PP en las municipales de dentro de un año

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, considerou «necesario» crear unha «configuración de forzas e alternativas» para as municipais que «sexa capaz de vencer ao Partido Popular» xa que, como indicou, os resultados dos pasados comicios europeos mostran que «é vencible».

Deste modo pronunciouse o dirixente nacionalista nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que condicionou esta posible unión de forzas a «unha alternativa en clave de país», é dicir, nacionalista.

«Non se trata dunha mera suma de siglas», manifestou para apostar por «abrir moito máis o diálogo social» e «ir moito máis alá que as organizacións políticas concretas» que, ao seu xuízo, «son unha expresión parcial da cidadanía que ten un gran distanciamento» respecto das organizacións políticas tradicionais».

Así mesmo, cuestionado os bos resultados obtidos por Podemos en Galicia, en contra posición ao menor apoio que recibiu a formación de Pablo Iglesias en Cataluña ou Euskadi, Vence considerou que este feito se debe «a importante presenza do nacionalismo en Cataluña e o País Vasco».

«A importante presenza, tanto do nacionalismo moderado coma do nacionalismo de esquerdas, fan que haxa un debate político e unhas alternativas que se formulan de forma moi maioritaria en clave de país» en ambas as dúas comunidades, indicou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar