A Audiencia Nacional condena a dous membros de Resistencia Galega

Xurxo Rodríguez_Carlos Calvo_Resistencia Galega_Audiencia Nacional_xulgados e condeados

A Sección Primeira da Sala do Penal do Penal da Audiencia Nacional condenou a penas de seis e 12 anos de prisión, respectivamente, aos membros de Resistencia Galega Xurxo Rodríguez e Carlos Calvo pola comisión de delitos de integración en organización terrorista e tenza de explosivos.

Os dous foron detidos en setembro de 2012 cando transportaban no maleteiro do seu coche dous artefactos explosivos cos que pretendían atentar contra unha sede do Partido Popular e que foron desactivados polos Tedax.

Os maxistrados Fernando Grande-Marlaska, Nicolás Poveda e Ramón Sáez Valcárcel destacan na súa resolución que Rodríguez recoñeceu durante o xuízo que pertencía á organización armada e que as bombas que transportaban no vehículo ían ser empregadas nun atentado. Aplican por iso a este acusado a circunstancia de abandono da actividade terrorista, confesión e colaboración activa.

CARTA DE AMOR

Ademais da confesión de Rodríguez, o tribunal tivo en conta unha carta da noiva de Carlos Calvo, incautada no seu domicilio, na que lle mostraba as súas dúbidas e reticencias pola súa vinculación con Resistencia Galega e lle dicía que «andar poñendo explosivos por aí non vai solucionar nada».

«Andar con petardos e romper cristais non me parece unha saída… paseino moi mal polo tema das detencións porque sabía que ti o estabas a pasar moi mal e iso para min, agora mesmo, é o máis importante», engadía a compañeira sentimental do condenado.

A moza agregaba que, a pesar de entender a súa relación con Resistencia Galega porque o Estado «é cen mil veces máis violento todos os días», non o vía claro. «Estou totalmente alucinada e orgullosa de todo o traballo que fas», indicaba.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar