Novas Xeracións de Teo convoca unha xornada de formación de emprendedores

Facer que unha idea se convirta nunha empresa non é algo doado. E, precisamente por isto, moita xente nova non se atreve a poñela en marcha. A situación actual do mercado laboral fai que o autoemprego sexa a alternativa e gaña adeptos día a día tal e como reflicten os datos. Por ese motivo, as NNXX de Teo queren poñer todos os medios para que, aquelas persoas que queiran dar o paso adiante, poidan facelo dispoñendo da máxima información posible.
Por tal motivo, o vindeiro sábado, 31 de maio, terá lugar a I Xornada de Formación de Emprendedores no Hotel Congreso de Montouto a partir das 10:00 horas. A conferencia de apertura correrá a cargo de Odilo Martiñá -Director Xeral de Traballo-, quen dará detalladas indicacións dos apoios que ofrece a Administración Autonómica na constititución dunha empresa para novos emprendedores. Tras él, Francisco Godoy -representante da Asociación de Jóvenes Empresarios- coordinará unha mesa redonda na que se axudará a fructificar a idea dunha empresa e asesorará no seu proceso de creación.
NNXX de Teo pretende abrirlle unha porta aos emprendedores que soliciten unha formación esencial ou unha orientación para que a súa idea teña maiores posibilidades de éxito. Todo isto en función tamén das súas caracterísitcas e do contorno para o que vai dirixida. Por elo, convidan a todos os emprendedores que queiran asistir.
Á hora de deseñar esta acción formativa, ao igual ca en anteriores ocasións, a Presidenta de NNXX de Teo -María Vázquez- recorda que se vén a necesidade de realizala pola enorme carencia que se está a atopar a mocidade no Concello neste eido, o cal manifesta «a nula preocupación pola formación para o emprego do goberno local». Na mesma liña, o voceiro do PP no Concello, José Manuel Guerra aplaude a iniciativa e lamenta que o «señor Noriega non tomara nota das actividades que ten realizado a sección xuvenil do PP en Teo abertas a todo o mundo e de forma totalmente desinteresada».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar