Morre un traballador en Pol ao caerlle unha árbore

Un traballador perdeu a vida este martes nun accidente laboral rexistrado na localidade lucense de Pol. Ao home, que se atopaba traballando nunha zona forestal de Caraño de Abaixo, caeulle unha árbore enriba.

Segundo informou a Central de Atención ás Emerxencias 112-Galicia, a alerta recibiuse cando os compañeiros do home reclamaron asistencia sanitaria para el. A vítima foi localizada inconsciente e liberada da árbore polos seus compañeiros.

Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos do GES de A Pontenova, Protección Civil e Garda Civil. Tamén acudiron efectivos sanitarios, que só puideron certificar a morte do home.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar