Ana Miranda so ocupará ano e medio o escano da coalición BNG-Bildu

Dirección BNG_Vence_Bieito_Miranda

A cabeza de lista do BNG nas eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, ocupará durante un ano e medio o escano conseguido pola coalición Los Pueblos Deciden, de maneira que Bildu ocupará o posto os primeiros tres anos e seis meses da lexislatura.

En rolda de prensa este luns, tras os comicios nos que a coalición sumou 324.534 –dos cales 79.732 correspóndense co BNG–, o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, confirmou que Ana Miranda ocupará, en virtude dos acordos da coalición co seu socio vasco, un ano e medio «en sentido estrito».

Non obstante, como indicou Vence, Miranda xa estará este martes na reunión do grupo parlamentario da ALE, xa que, remarcou, «traballará nel durante toda a lexislatura».

Xavier Vence incidiu en que o BNG «sempre dixo que o obxectivo era garantir a representación de Galicia», polo que subliñou que este fin «se conseguiu e os resultados referendaron o que era sabido».

«Para Galicia foi frutífera» esta coalición, dixo, porque «permite ter voz directa de Galicia no Parlamento Europeo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar