Probas de carga na Variante de Noia

Variante_ponte Noia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia hoxe a proba de carga na variante de Noia, nos vanos 18, 19, 20, 21 e 22, correspondentes ao tramo atirantado do viaduto.

A proba de carga consiste na avaliación do comportamento do viaduto fronte a unha carga calculada nuns puntos determinados do taboleiro e compróbase que as frechas (movemento vertical) que se producen correspóndense cos valores teóricos obtidos por cálculos.

Para a proba de carga empregaranse camións das seguintes características:

Proba de carga_camións_características e tonelaxe_variante_ponte de Noia

 

– Número de eixes: 3
– Cargas transmitidas polos eixes (de diante cara atrás): 7,0 – 9,5 – 9,5 toneladas. Polo que a carga total do camión é de 26 toneladas.
– Separación lonxitudinal entre eixes (de diante cara atrás): 3,90 – 1,35 metros.
– Separación transversal entre eixes: 1,80 metros.
– Lonxitude do camión: 8,15 metros.
– Ancho do camión: 2,50 metros.

O esquema anexo resume as dimensións e cargas do camión considerado.

O reparto do peso por cada un dos vanos a analizar será do seguinte xeito:

– Proba de carga nos vanos 18 e 22: Empregaranse 8 camións; 4 en transversal por 2 en lonxitudinal.
– vanos 19 e 21: Empregaranse 8 camións; 4 en transversal por 2 en lonxitudinal.
– vano 20: Empregaranse 12 camións; 4 en transversal por 3 en lonxitudinal.
– Proba de carga pila 18 e 21: Empregaranse 16 camións; 4 en transversal por 4 en lonxitudinal.
– Proba de carga pilono 19 e 20: Empregaranse 24 camións, 4 en transversal por 6 en lonxitudinal.

Situación das obras
As obras da Variante de Noia avanzan segundo o previsto e, na actualidade o grao de execución das mesmas sitúase no entorno do 97%.

Tal e como anunciara o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, a principios deste mes as obras da ponte sobre a ría de Noia marchan a un bo ritmo, polo que se poderá anticipar a súa posta en servizo no mes de xullo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar