Gala final do «Festival de Cans» coa entrega de premios

O xurado do XI edición do Festival de Cans outorgou os premios á mellor curtametraxe de imaxe real e á mellor curtametraxe de animación aos curtos ‘paraSer e voltar’, de Xacio Baño e ‘Xamón’ de Iria López, respectivamente. Ambos os dous autores recibiron un galardón de 1.500 euros e un ‘Can de Pedra’.

O Premio de Honra Pedigree’14 foi concedido á actriz María Bouzas, como recoñecemento á súa traxectoria profesional. O humorista Juan Ibáñez –coñecido por ser a voz da formiga Trancas do programa El Hormiguero– e unha octoxenaria veciña da aldea chamada Divina Campos, foron galardoados co ‘Chimpín de prata’, en recoñecemento á súa colaboración e implicación no festival.

Ademais, na gala final do festival, celebrada na noite deste sábado, ‘Tupper’ de Ángel Manzano conseguiu o Premio do Público á mellor curtametraxe, dotada de 1.000 euros e un ‘Can de Pedra’. O Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe levoullo/llelo ‘3-1 =0’, obra de Juan Galiñares.

Ese último premio está galardoado cun ‘Can de Pedra’, ao igual que o Premio do xurado á mellor interpretación feminina e o destinado á mellor interpretación masculina, galardóns que foron para Déborah Vakusic por ‘3-1 =0’ e para Javier Gutiérrez por ‘Tupper’.
MÁIS PREMIOS

Por outro lado, o Premio CREA do xurado á mellor dirección e o Premio AGAG do xurado ao mellor guión estaban dotados con 200 euros. O primeiro foi para Omar Rabuñal e Daniel Viqueira por ‘Koan’, mentres que o segundo foi concedido a Carlos Alonso Ojea polo seu guión de ‘Hogar Hogar’.

O ‘Can de Pedra’ polo Premio do xurado á mellor banda sonora levouno Gautier Galard por ‘Jamón’. Os dous últimos premios, Premio do xurado e Premio do público ao mellor videoclip, consistentes, ambos os dous en 300 euros, leváronllos ‘Un gran hijo de puta’ de Los Árboles, dirixido por Manuel Valcárcel; e ‘Carreteras’ de Dakidarría, dirixido por Andrés H. Bonader.

O xurado desta XI Edición do Festival de Cans estivo formado por Karra Elejalde, Chelo Loureiro, Xurxo Souto, Isabel Ayguavives, Monti Castiñeiras, Xúlio Abonjo e Sabela Arán.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar