A oposición de Teo critica o balance de xestión de Anova que considera «tendencioso»

Martiño Noriega e o grupo de goberno nun acto coa bandeira republicana.
Martiño Noriega e o grupo de goberno nun acto coa bandeira republicana.

Según o Grupo Popular do Concello de Teo, unha recente publicación eleitoral de Anova pon de relevo «a pobre xestión levada a cabo no Concello de Teo, por un goberno cuantitativamente vido a menos e cualitativamente moi alonxado das necesidades veciñais».

Engade que «como un dos grandes logros, destaca a acollida de Chévere, omitindo que supón unha subvención de 30.000 mil euros» a pesares do informe negativo da interventora contraria ao patrocio do grupo de teatro de tal nome que con anterioridade estaba asociado a desaparecida sala «Nasa» de Santiago de Compostela, pródiga en espectáculos no ámbito do nacionalismo máis radical.

O PP está a favor da dinamización cultural de Teo, pero no marco dunha política rexida por criterios de prioridade, «entre os que o equipo de goberno esquece actuacións que son de urxencia para mellorar estradas, pistas destrozadas ou a situación de moita veciñanza sen auga e alcantarillado. Asemade, hai algunhas asociacións en Teo que, polo traballo que están facendo durante tantos anos para os veciños, son cando menos tan merecedoras de recibir a mesma subvención que o citado grupo de teatro».

Sobre a información que facilita Anova acerca da ETAP de Pontevea, os populares considéranna «tendenciosa e electoralista, porque a partida presupostaria que na publicación se imputa ao Concello procede dos fondos da Xunta e do Estado». A achega de Augas de Galicia ascende a algo máis de 696.000 euros, unha aportación priorizada pola Xunta para dar servizo de agua de calidade a todos os veciños, «para suplir a desidia, falta de interese e de xestión de Martiño Noriega, das que tamén foi cómplice no seu momento o señor Jorquera».

Os responsables do BNG naquel momento, coincindo co goberno do PSOE en Madrid, non fixeron as xestións necesarias para que os 3.000.000 publicados no BOE viñesen definitivamente para Teo. Ante esa pasividade, foi a Xunta quen tomou as medidas oportunas para levar a cabo a obra, aportando o diñeiro correspondente.

Por último, según os concelleiros do PP de Galicia, a intervención que destacan no pavillón de Calo realmente limitouse a unha man de pintura, sendo moi deficiente o estado no que se atopan os outros pavillóns.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar