«Europa e Ourense son a mesma cousa» afirma Manuel Baltar

Baltar_mitin Bande_europeas

 

O decimoterceiro día de campaña para as Eleccións Europeas contou cunha apretada axenda de actos para o Partido Popular de Ourense.

O mitin principal da xornada foi en Bande, co alcalde, José Antonio Armada; o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde;; e o presidente provincial, Manuel Baltar.

Manuel Baltar proclamou durante a súa intervención que “Europa e Ourense son a mesma cousa. Precisan proxectos políticos sólidos, baseados na unidade”, recalcando que “non hai voto máis útil que o Popular. Pedimos aos ourensáns que sexan ambiciosos”.

Baltar_mitin Bande_europeas_2jpg

Diante dos veciños de Bande, Manuel Baltar sinalou que este municipio “é un concello innovador e competitivo. Por iso cree en Europa”. No tocante a como afectan as políticas que se adoptan no Parlamento Europeo á vida cotiá da provincia, o presidente provincial afirmou que “o autoemprego no rural e o cooperativismo son eixes claves na política comunitaria”, polo cal inferiu na necesidade de encher as urnas o domingo 25 de maio coa única opción axeitada para defender os intereses dos ourensáns en Bruselas: o PP.

Na cidade
A actividade política de campaña intensificouse hoxe na cidade.
Xa pola mañá, a sede de Aixiña acolleu un acto sectorial sobre Política social que contou coa presencia de Ignacio Tremiño, Director General de Políticas de Apoyo a la Discapacidad do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, e no que participaron tamén o responsable de Políticas Sociais do PPOU, Miguel Santalices, a eurocandidata Carmen Pardo e o presidente provincial, Manuel Baltar. Os colectivos e asociacións do eido das Políticas Sociais participaron no acto formulando preguntas e abrindo intervencións destinadas a debuxar a situación destes colectivos e o mellor xeito de aplicar as políticas que se adoptan en Europa no beneficio dos usuarios. A discapacidade e o xeito de eliminar barreiras foron puntos fundamentais no debate aberto en Aixiña.

Tamén houbo xornada de Debate Popular xa pola tarde, no hotel Francisco II. Baixo a coordinación de María Antonia Rilo, contou coa participación dos máximos representantes do Parlamento de Galicia: a súa presidenta, Pilar Rojo; e o vicepresidente, Miguel Santalices. As políticas europeas e a súa incidencia en Galicia foron algunhas das claves que se abordaron neste encontro.

Xa no que se refire aos mítins, os populares estiveron nas asociacións de veciños As Burgas e Os Montes. No primeiro interviñeron José Luis Valcarce, Marta Rodríguez-Vispo e Rosendo Fernández. En Os Montes, participaron Javier Rodríguez-Nóvoa, Cristina Romero e Rosendo Fernández.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar