O aeroporto de Santiago tivo case 100 mil pasaxeiros internacionais en 4 meses

Avión_despegue aeroporto Lavacolla

O tráfico nas conexións internacionais aumentou un 37% no primeiro cuatrimestre repecto do ano pasado, que foi o ano da historia con maior número de pasaxeiros nestas conexións. O aeroporto de Santiago inaugurou en maio a nova conexión de Vueling con Bruxelas, á que se sumará en xuño as novas conexións con Roma e Ámsterdam.

O aeroporto de Santiago sumou 96.069 pasaxeiros nas súas conexións internacionais regulares. Esta cifra supón un crecemento do 37% respecto dos 69.941 pasaxeiros que empregaron estas rutas o ano pasado. Trátase dun crecemento moi importante, especialmente tendo en conta que o 2013 foi o ano da historia con maior número de pasaxeiros en conexións internacionais do aeroporto, con 350.579.

O crecemento no tráfico internacional no aeroporto de Santiago debeuse fundamentalmente á existencia de novas conexións que non estiveron dispoñibles no primeiro cuatrimestre do ano pasado: Londres Gatwick e Estambul, que permitiron que a cidade contase con seis conexións internacionais entre xaneiro e marzo, fronte ás catro do ano pasado.

Ademais, as conexións da temporada de verán que comenzaron a operar en abril melloraron en xeral os resultados obtidos en abril do ano pasado: como Dublín, que pasou de 2.721 pasaxeiros en abril do 2013 a 3.467 en abril deste ano, ou Milán, que pasou de 3.741 pasaxeiros en abril do 2013 a 4.154 en abril deste ano.

A previsión é que o tráfico internacional continúe aumentando no aeroporto de Santiago respecto dos anos precedentes xa que no mes de maio Vueling estreou a súa nova conexión con Bruxelas, á que engadirá as novas conexións con Roma e Ámsterdam. O obxectivo que xa se marcou dende comezo de ano dende o Concello é que o aeroporto de Santiago alcance por primeira vez na súa historia os 400.000 pasaxeiros en conexións internacionais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar