Cincoenta personas amosan a sua «solidariedade» con 12 indepentistas procesados

Concentración apoio independentistas xulgados en Fontiñas_Xulgados Santiago

Medio centenar de persoas concentráronse este martes ás portas dos xulgados de Fontiñas en Santiago de Compostela en mostra da súa «solidariedade» cos 12 mozos independentistas procesados por altercados rexistrados en febreiro de 2009 nunha manifestación convocada por Galicia Bilingüe.

Na protesta estiveron presentes diversos representantes do BNG, Galiza Nova e do sindicato CIG. Os participantes corearon consignas en galego como «defender a lingua non é delito» e entoaron o Himno de Galicia antes de que os acusados entrasen nas dependencias xudiciais.

En declaracións aos medios, un dos independentistas que serán xulgados, Aurelio Lopes, insistiu en que todos eles son «persoas que aman o seu país e o seu idioma» e destacou que aquel día se manifestaban «contra unha marcha do odio».

Tamén outro dos acusados, Joam Peres, tomou a palabra ante os asistentes para denunciar o que el considera «unha situación colonial e de exterminio» e animou a continuar «a loita» antes de proclamar «viva Galiza ceibe».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar