A RAG ensalza a «forza creadora da palabra» do poeta

 

Feijóo_Guitiríz_acto conmemortivo Díaz Castro_RAG_1

A Real Academia Galega (RAG) recoñeceu este sábado a «depurada e intensa» obra do poeta Xosé María Díaz Castro (1914-1990) no tradicional plenario que realiza cada 17 de maio con motivo das Letras Galegas, como «unha forza creadora da palabra» na que «a luz é vida».

Así o subliñou o académico Xosé Luís Franco Grande nunha Casa Habaneira de Guitiriz (Lugo) totalmente chea, na que citou as propias palabras que Díaz Castro confensó: «Sempre intentei esixirme a min mesmo un esforzo cara á perfección posible».

 

Neste acto, o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, subliñou que este 17 de maio se homenaxea a «un latinista», e afirmou que «Guitiriz é hoxe a capital do mundo, do único mundo que interesa, que é o mundo da palabra, é o mundo de dialéctica verbal, é o mundo da poesía, que é o mundo da literatura».

 

Feijóo_Guitiríz_acto conmemortivo Díaz Castro_RAG_2

Como peche, a escritora Luz Pozo Garza leu o poema ‘Penélope’, de ‘Nimbos’, tras recordar «o amor a Galicia» de Díaz Castro e a «súa palabra fermosa» como «suficientes para ser inmortais».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar