A Fundación Rosalía inaugurou un busto da poeta na Casa da Matanza

Busto Rosalia de Castro_Casa Matanza_Dia das Letras 2014_1

A Fundación Rosalía de Castro celebrou o Día das Letras inaugurando na horta da Casa da Matanza un busto da poeta. Trátase dunha peza de bronce coa que Cuqui Piñeiro reproduce a escultura de Lorenzo Coullaut Valera que agora preside unha das salas de exposición da Casa-Museo.

Dentro das obras de mellora e reacondicionamento da Casa Museo e mais do seu exterior que a Fundación está levando a cabo, estreouse unha nova configuración escultórica da Horta da Matanza, o que supón que Rosalía, en forma de busto, regrese ao seu xardín.

Busto Rosalia de Castro_Casa Matanza_Dia das Letras 2014_2

Pola súa banda, o busto de Maruxa Villanueva presidirá a parte da horta dedicada, entre outras cousas, ás plantas aromáticas, ocupando o seu lugar orixinal o monolito do centenario doado polo Concello de Padrón.

Deste xeito, e coa nova accesibilidade, Rosalía preside agora desde o espazo elevado do xardín o conxunto exterior da horta que queda á sombra da variante de camelia que leva o seu nome: Rosalía de Castro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar