Lida Senra na Estrada: «Sen agro non hai futuro»

Lidia Senra_AGE_dia 17_europeas
“Sen agro non hai futuro”, con esta proclama abríu a candidata de Alternativa Galega de Esquerda en Europa Lidia Senra a súa intervención na Estrada, nunha comarca con grande peso da actividade agropecuaria. Senra lembrou que “hai vinte anos había máis de cen mil explotacións agrarias no noso país”, mais que logo de máis de dúas décadas de aplicación de políticas neoliberais “agora apenas quedan unhas dez mil”.

Criticou tamén o xeito no que se investiron os fondos adicados ao desenvolvemento rural, xa que na maioría das veces “acabado orzamento, acabado o proxecto”, debido a que “non nos teñen en conta ás labregas e labregos na súa elaboración, non teñen en conta os custos de produción nin outras consideración fundamentais á hora de deseñar as políticas de investimento agrario”.

Salientou que a Alternativa Galega de Esquerda quere traballar dende as institucións europeas “por políticas que signifiquen o desenvolvemento real do noso país, non necesitamos as receitas de máis crecemento e máis competitividade, senón que precisamos novos modelos de desenvolvemento económico que teñan en conta os límites do planeta, non podemos seguir cas propostas do neoliberalismo”.

A candidata ao Parlamento europeo engad que “cómpre poñer en marcha políticas de re-localización de todos os sectores produtivos”, e que no caso da agricultura e gandeiria deberán ser “no marco da soberanía alimentaria”, desbotando as políticas neoliberais que insisten na exportación “porque iso implica renunciar ao noso mercado”.

En relación ás consecuencias que o tratado de libre comercio que se está a negociar entre a UE e EEUU tería para o sector agrogandeiro, alertou de que este novo contexto non so provocaría que as grandes agroindustrias “ateiguen os nosos mercados con carne hormonada e alimentos modificados xenéticamente”, senón que ademais “os EEUU están plantexando tamén que non lle interesan as Denominacións de Orixe nin as Indicacións Xeográficas Protexidas”. Ademais, con respecto ás condicións laborais que se están a negociar neste acordo, subliñou que “a competencia que nos plantexan é que nos autoesclavicemos”, polo que instou a “rexeitar enerxicamente este tratado que vai significar avanzar no camiño de miseria no que estamos metidas”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar