Galicia crea o seu mundo propio na Internet

Feijóo_Punto Gal_2

Na véspera do Día das Letras Galegas, como unha conxunción comunicacional, Galicia fíxose o seu mundo propio na Rede universal en que se converteu a Internet.

Despois de sete anos de intenso traballo, os promotores do dominio .gal anunciaron a posta en marcha efectiva do sufixo que marca a procedencia das webs galegas que así o desexen.

Os responsables do traballo realizado deronse cita nun acto oficial na Cidade da Cultura, coa presencia de Feijóo e numerosos representates da vida cultural de Galicia, no que se subíu á rede a primeira web co dominio .gal, o que supón o remate de numerosas  xestións nas instancias internacionais.

A páxina ‘www.dominio.gal’, a primeira web baixo o dominio de internet de Galicia e definida polos promotores da iniciativa como «un éxito colectivo da sociedade galega», foi activada no acto.

«É un fito histórico, izamos a bandeira de Galicia na rede», proclamou o presidente, Alberto Núñez Feijóo, encargado de premer a tecla para activar a web nun acto no que tamén interviñeron o catedrático da USC Xosé Antonio Gómez Segade, e o presidente da Asociación PuntoGAL, Manuel González, quen deu as grazas a todos os que contribuíron a este «éxito colectivo da sociedade galega».

E é que a Asociación está formada por 114 entidades de todos os sectores, incluídas as principais organizacións culturais galegas e ducias de asociacións culturais de base. González destacou a implicación da Xunta dirixida por Emilio Pérez Touriño e do actual Goberno, antes de subliñar que en 7 anos de traballo se logrou que máis de 12.000 persoas «apoiasen» esta iniciativa «integradora e democrática».

 

Feijóo_Punto Gal_3

Manuel González presentou os prazos e requisitos que rexen o lanzamento do ‘.gal’, estruturado en tres fases. Na primeira, baixo o lema de ‘Programa Pioneiros’, abrirase o prazo para solicitudes o 1 de xuño, que se prolongará todo o mes. A asociación seleccionará ata un máximo de ‘nomes pioneiros’ baseándose en criterios de «visibilidade e notoriedade».

Neles buscarase que estea representado o amplo espectro da sociedade galega, é dicir, administracións públicas, empresas e outro tipo de entidades. Estas direccións de pioneiros entrarán en funcionamento na rede o 25 de xullo, con motivo do Día de Galicia, e terán a vantaxe de publicar os seus webs baixo este dominio catro meses antes que o resto, gozando dunha maior visibilidade.

Iso si, terán que afrontar un prezo especial (entre 400 e 3.000 euros segundo o tipo de solicitante) e cumprir unha serie de requisitos.

 

Feijóo_Punto_Gal_Manuel González_activando ordenador

FASES SEGUNDA E TERCEIRA

A seguinte fase, bautizada como ‘Abrente’, iniciarase en setembro e durará ata novembro, e busca protexer dominios de interese público. Nel, as entidades públicas e privadas poderán exercer o seu dereito preferente de solicitar o seu dominio. Búscase así protexer os intereses de colectivos como propietarios de marcas, administracións e denominacións protexidas, entre outras.

Paralelamente, activarase o programa ‘Carreira’ para o público en xeral, que poderá demandar o público en xeral para as direccións que non teñan dereitos preferentes. Neste poderase puxar por direccións especialmente atractivas ou demandadas (González exemplificou con ‘coches.gal’).

Finalmente, en decembro chegará a Fase aberta, na que todo o público poderá acceder ao dominio ‘.gal’ sen máis restricións. O prezo xenérico dun dominio roldará os 50 euros, aínda que se axustará á evolución do mercado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar