Nova obra sobre Díaz Castro por iniciativa de Teófilo Comunicación

Libro Díaz Castro_Teófilo Comunicación

Teófilo Comunicación, a través da súa división editorial Teófilo Edicións, pon á disposición do público nas librerías galegas un novo proxecto editorial que leva por nome Xosé María Díaz Castro. Trátase dunha nova aportación á cultura galega da editorial en conmemoración ao Día das Letras Galegas e á figura de Xosé María Díaz Castro, coincidindo así mesmo co centenario do autor.

Nesta ocasión a editorial conta coa participación do prestixioso escritor Luís González Tosar quen nunha extensa introdución mostra con esmero a vida e a extraordinaria obra de Xosé María Díaz Castro a través de instantáneas, descricións e unha selección de poemas que forman parte do marabilloso legado do autor. Ao longo das páxinas non só coñecemos as distintas facetas de Xosé María Díaz Castro como poeta, creador, tradutor e políglota; senón que se deixa constancia da importancia e da esencia do autor que, mediante a súa escrita e a súa lírica esperanzadora, fixo fronte ás incógnitas e aos misterios do ser humano dándolle un gran valor á cultura e ao idioma galego. É, polo tanto, a súa consagración por parte da Real Academia Galega ben merecida.

A esmerada presentación desta obra, supón un atractivo máis. Cada exemplar ofrécese nunha fermosa caixa e, alén do dito, a novidade desta edición é a inclusión dun disco titulado Lus que recompila poemas de Xosé María Díaz Castro na voz e música de Marta Quintana coa produción musical, aranxos, guitarras e voces de Cuchus Pimentel. Todo isto confírelle un carácter especial que vai a atraer e encher de orgullo a todos os galegos e galegas e tamén aos turistas que, sen dúbida, se verán atraídos pola súa beleza.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar