«Portas abertas» na Ruta do Viño do Ribeiro

Baltar_Agustín Fernández_Rogelio_presentación ruta do Ribeiro
O programa das Xornadas de Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro é una iniciativa que ten por obxectivo potenciar a a enograstronomía como atractivo turístico levarase a cabo durante a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño. Nestes días, 13 adegas desta Denominación de Orixe Protexida ofrecerán de balde visitas guiadas polas súas instalacións e degustacións dos seus viños. Haberá tres pases de visitas o sábado. Dous pola mañá, ás once e media e á unha e un pola tarde, ás seis. O domingo haberá o derradeiro pase ás doce da mañá.

Xunto coas visitas guiadas polas adegas, 5 restaurantes da zona ofrecen dous menús especiais que se compoñen de primeiro e segundo prato, máis sobremesa. Todo isto maridado con viños da Denominación de Orixe do Ribeiro. O prezo final é de 25€ por persoa con IVE engadido. Estes restaurantes tamén ofrecen menús especiais para menores de 12 anos a un prezo de 10€.

O programa complétase con actividades relacionadas co mundo do viño coma exposicións fotográficas, rutas turísticas, degustacións con animación e descontos en 5 establecementos de aloxamento enclavados na Rutas do Viño do Ribeiro.

A fin de semana do 7 e 8 de xuño celebrarase a terceira edición das Xornadas dos Viños nas Denominacións de Orixe de Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras.

Xunto aos responsables da Coopertiva e das adegas participantes, asistiron ao acto o delegado da Xunta, Rogelio Martínez; o presidente da Deputación, Manuel Baltar,  e o alcalde de Ourense, Agustín Fernández.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar