Baixo control o incendio forestal de Irixo

O incendio forestal que comezou o mércores no municipio ourensán do Irixo permanece controlado tras queimar unha superficie estimada dunhas 35 hectáreas.

O lume quedou controlado ás 23,30 horas do mércores e, segundo as estimacións provisionais, a superficie afectada é de 35 hectáreas.

Iniciouse na parroquia de Reádigos ás 14,41 horas do mércores, segundo indicou Medio Rural. Nos traballos de extinción participan un técnico, tres axentes forestais, 16 brigadas, sete motobombas, unha pala, seis helicópteros e cinco avións.

VIVENDAS DESALOXADAS

Dúas vivendas do lugar de Santiso deberon ser desaloxadas O mércores a causa do incendio.

A evacuación das casas de dúas familias realizouse por precaución, xa que o fume, «moi negro, se dirixía cara a elas. Uns mozos do lugar acudiron pouco despois para abrir un corte cunhas 60 ou 70 ovellas, para que baixasen á zona do río e evitar que corresen risco.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar