Tanabe (Xapón) e Santiago asinan un novo convenio para a promoción do Camiño

Alcaldes Santiago_Tanabe

A Catedral acolleu esta mañá unha actuación de monxes budistas e sacerdotes xintoístas, que representa a unión entre o Camiño de Santiago e o Kumano Kodo. Os alcaldes da cidade nipona, Mitsutoshi Manago, e de Santiago, Ángel Curras, renovan así o convenio de colaboración para a promoción conxunta das cidades e dos Camiños de Santiago e Tanabe.

Unha ampla delgación procedente de Tanabe, encabezada polo seu alcalde, Mitsutoshi Manago, xa está en Santiago. Na delegación viaxa un grupo de monxes budistas e sacerdotes xintoístas da Prefectura de Wakayama.

A delegación de Tanabe está composta tamén por funcionarios do Concello e técnicos da súa entidade de promoción turística. A visita forma parte do traballo conxunto entre Santiago e a cidade nipona na promoción das súas respectivas rutas de peregrinaxe. Ambas cidades levan anos colaborando, pero esta colaboración reforzouse nos dous últimos co obxectivo de profundizar na promoción conxunta e aproveitar as novas posibilidades que ofrece a conexión de Santiago co hub de Turkish Airlines en Estambul, que mellora a conectividade entre Galicia e Xapón.

Tras a actuación dos monxes budistas na Catedral, a delegación desprazouse ao Pazo de Raxoi, onde os alcaldes asinaron un novo convenio de colaboración entre ambas cidades. O convenio recoñece que: «O Camiño de Santiago e o Camino de Kumano aos Grandes Santuarios son os dous únicos paisaxes culturales de peregrinaxe designados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. Ambas rutas souberon conservar as tradicións e cultura dos seus respectivos lugares sagrados, cheos dun inmenso legado histórico, a través dos tempos». Por iso establece o obxectivo compartido de promocionar conxuntamente ambos destinos de peregrinación.

A delegación de Tanabe, acompañada do Alcalde de Santiago, terá a oportunidade de facer un tramo do Camiño de Santiago ata o Monte do Gozo. De feito, farán un percorrido similar ao que fixeron o príncipe herdeiro ao trono, Naruhito, e o primeiro ministro nipón, Shinzo Abe, nas súas recentes visitas a Santiago, que foron unha gran promoción para a cidade no mercado nipón.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar