A Fundación Araguaney e a productora CTV renden homenaxe á «memoria colectiva»

Regalo de memoria_Fundación Araguaney

 

www.regalodememoria.com

A serie documental ‘Regalo de Memoria’ rende homenaxe á «memoria colectiva» de Galicia en 14 capítulos nos que, a través de entrevistas, intérnase nas vivencias e recordos de distintas personalidades galegas de avanzada idade que van dende médicos a políticos como o expresidente Gerardo Fernández Albor, ou a escritores e artistas como Xosé Neira Vilas e Baldomero Pestana.

Nun acto organizado a Fundación Araguaney-Puente de Culturas e CTV Producións Audiovisuais no que se puido ver un fragmento resumo da serie documental, o presidente da Fundación, Ghaleb Jaber Ibrahim, subliñou a «homenaxe á memoria» que supoñen as entrevistas a esta «marea de galegos con historia» que quixeron «facer o regalo» de transmitir as súas vivencias a tavés das entrevistas.

«Son galegos ilustres de todos os ámbitos da historia: ensinantes, militares, políticos, médicos, homes artesáns», relatou, en relación a unha retahíla de nomes que inclúe a Antía Paz, Pilar Briones, ao doutor Peña Guitián ou ao Padre Calo, entre outros. Ghaleb Jaber Ibrahim rememorou o seu avó e reivindicou a importancia da memoria.

Agora, engadiu que os galegos teñen «á súa disposición» a través do conselo dá Cultura Galega (CCG) e da Fundación Araguaney esta serie de entrevistas, unha idea na que tamén incidiu Ghaleb Jaber Martínez, director do Festival Internacional de Cinema Euro Árabe ‘AMAL’, quen concretou que o material en bruto dalgunha das entrevistas se aproxima as 12 horas de duración.

Posteriormente, sinalou que a produtora se encargou de «encapsular» o mellor de cada unha das entrevistas en capítulos «máis curtos» e «estructurados». O acceso ao material será «gratuíto» e contará cunha ‘web’ propia ‘www.regalodememoria.com‘, toda vez que o proxecto foi concibido polos seus impulsores como «un regalo».

«POUCA SENSIBILIDADE» Á MEMORIA

Na presentación do documental participou o profesor de Ciencias Políticas da USC Xosé Luís Barreiro Rivas, o pai, Manuel Barreiro, do cal é outro dos entrevistados, e quen reivindicou o valor da experiencia. Recordou como en tempos pasados se identificaba a memoria co coñecemento acumulado e a «sabedoría».

Hoxe, non obstante, segundo Barreiro Rivas, a sociedade é «pouco sensible á memoria», un extremo que lamentou. «A sociedade de hoxe é para a xeración dos mozos e inverteuse o sentido da memoria, á que os mozos recorren para ensinar aos seus maiores ou para reprender», reflexionou, antes de incidir no «paradoxal que resulta esquecer cousas cando nunca houbo» «máis capacidade» para «almacenalas».

Pola súa parte, Fernando Rodríguez Madriñán (CRTVG) e Fernanda Tabarés (V Televisión) destacaron o valor do proxecto e celebraron a «colaboración» dos seus dous medios de comunicación. Tabarés resaltou a importancia de contar «o que sucede no país a través dos que viven nel» e incidiu en que, nos últimos anos, «a memoria motiva máis discusións que reflexións».

«PAPEL ESENCIAL» NA CULTURA GALEGA

Por último, o presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, remarcou que o propio título do documental leva ímplicito o seu papel de «recoñecemento e homenaxe» a persoas que xogaron «un papel esencial» á hora de conformar a cultura galega.

A serie articúlase –esgrimiu– para reivindicar a memoria e «combater» o esquecemento, para evitar «que os saberes se perdan» e lograr que poidan ser transmitidos.

«A memoria é o reflexo persoal das vivencias de alguén dende a súa propia perspectiva», subliñou, coa seguridade de que ‘Regalo de memoria’ é «un bo tributo á memoria colectiva» de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar