Os centros Quérote + atenderán aos mozos por mensaxería instantánea

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha unha nova vía de acceso á información e ao asesoramento dirixida á mocidade a través das aplicacións móbiles de mensaxería instantánea (Whatsapp e Telegram) no número 647018752.

O equipo profesional dos centros Quérote+ atenderá este servizo e ofrecerá a mozos e mozas información e asesoramento en relación ás temáticas que abordan desde o mesmo (convivencia, imaxe corporal, sexualidade e afectividade, uso seguro das novas tecnoloxías e prevención de consumos).

Os mozos e as mozas no día a día comunícanse, intercambian información, fotos, afianzan relacións persoais, a través das diferentes aplicacións de mensaxería instantánea existentes no mercado. A Dirección Xeral, coñecedora desta realidade, ofrécelle á mocidade a posibilidade de que agreguen a Quérote+ e que formulen todas as consultas que teñan, sabendo que terán respostas dun equipo profesional.

O servizo estivo en funcionamento durante tres meses e recibiu máis de 150 consultas, polo que se agarda que sexa moi utilizado grazas á súa facilidade de acceso e inmediatez, especialmente útil para as persoas que non poden acudir a un centro de maneira presencial ou que prefiran gardar o seu anonimato.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar