Manuel Baltar chama a «votar útil»

PP europeas_Baltar_pastor

 

O salón multiusos de Maceda e a Casa da Cultura de Allariz acolleron esta tarde sendos mítines nos que participaron os presidentes locais (Francisco Nóvoa e Luz Doporto, respectivamente); o presidente provincial, Manuel Baltar; o secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda; así como a ministra de Fomento e membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular, Ana Pastor.

Ana Pastor deixou claro nas súas intervencións a importancia que teñen as Eleccións Europeas para o futuro de España, “donde nos estamos jugando nuestro futuro, no nos podemos permitir retroceder a las políticas socialistas”. Ademáis, en clave máis local, sinalou o esforzó inversor que dende o Goberno de Mariano Raoy se lle está prestando a Galicia, e especialmente a Ourense, en materia de infraestruturas. Neste senso, o presidente provincial, Manuel Baltar, precisou que “Ana Pastor cumple: no pior momento económico, Ourense é a provincia de España con maiores investimentos”.

PP_europeas Allariz_Pastor_Rueda_Baltar_posible Feijóo.

 

Por último, no tocante á importancia que teñen as Eleccións Europeas do vindeiro 25 de maio, -na que tamén incidiu o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda- Manuel Baltar foi claro: “Votamos unha Europa composta por 28 nacións, non por 28.000. Votemos útil, non desperdiciemos esta oportunidade”.

Os mítines na cidade transcorreron en Santa Cruz de Arrabaldo e Velle, nas súas respectivas asociacións de vecinos. Roberto Bermúdez, Cristina Romero, Rosendo Fernández e Jesús Vázquez foron os encargados de intervir en Santa Cruz de Arrabaldo, mentres que na asociación de Velle participaron Miguel Abad, Marta Rodríguez-Vispo, Rosendo Fernández e Jesús Vázquez.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar