Feijóo condena en Carballo «aos que pactan con Bildu» e salienta a melloría económica

Feijóo_Carballo_europeas

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto para os populares co fin de «continuar avanzando cara a un maior progreso e non para volver á peor política económica que se recorda» en España e Europa». «En Europa non se fala de nós por ir de mal en peor, senón por comezar a mellorar», subliñou antes de ofrecer un pacto para continuar nese camiño.
«Un pacto para seguir avanzando, e non para dividir España nin confundir a xente con debates pechados; para seguir defendendo a democracia, e non un pacto con Bildu, como ofrecen outras forzas (en referencia velada ao BNG); ou para traballar polo que preocupa aos cidadáns, e non un pacto con quen pide á xente que os apoie nas eleccións, pero que despois case non participa no Parlamento», proclamou.
Con motivo da súa participación nun mitin en Carballo, segundo recolle un comunicado, Feijóo pediu o voto para o PP «o único partido que, sempre que viñeron mal dadas, antepuxo os intereses xerais, e único partido que foi capaz de recuperar o prestixio do país». «Os populares non cambian de aliados, a súa coalición é sempre coa xente», abundou.


Nesta liña, fixo fincapé en que os populares «cumpriron o seu compromiso de dicir a verdade sempre, e a verdade hoxe é que o país está moito mellor do que o deixaron e moito mellor do que parece que algúns desexarían».
Durante a súa intervención, subliñou que os populares poden explicar as propostas que queren defender en Europa nos próximos cinco anos porque «os»avala facer o que dixeron que farían en Galicia e en España».
Ao respecto, mencionou que se comprometeron a «evitar o rescate, a seguir reducindo o déficit, a un mellor balance económico, a virar a tendencia do paro e a blindar os servizos públicos». «E cumprírono, demostrando que, tras as súas palabras, hai feitos», sentenciou.
Para Feijóo, «Galicia merece estar ben representada en Europa e seguir á cabeza dos debates comunitarios». «España necesita que os seus intereses estean presentes na UE fronte á irrelevancia ou, o que aínda foi peor, o menosprezo que sufrimos durante anos», resaltou o dirixente popular, quen considera que Europa «require contar con persoas e con formacións que defendan as institucións comunitarias, que crean na democracia e que crean en Europa».
Ao respecto, o líder do PPdeG asegurou que os cidadáns «poden elixir» entre «os que promoven desunir a UE, a quen descoñece, a quen non fixo nada polos problemas do naval»; ou entre «os que escollen unir máis a Europa, os que negocian na UE para conseguir fondos transitorios, os que fan unha fronte común para defender en Bruxelas e a quen lograron evitar o rescate de España».
BARREIRO SECTOR LÁCTEO E VITIVINÍCOLA
Por outra banda, o voceiro do PP no Senado e presidente provincial en Lugo, José Manuel Barreiro, chamou ao voto para o PP, que é «o único partido capaz de defender os intereses dos chantadinos na UE». «O único partido capaz de defender os sectores do sector lácteo e vitivinícola en Europa é o PP», proclamou.
Díxoo nun mitin en Chantada (Lugo) no que estiveron o candidato galego ás europeas, Francisco Millán Mon, a voceiro do PP galego, Paula Prado, e o secretario dos populares lucenses, José Manuel Barreiro.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar