Homenaxe ao finado Marcos Valcarce para concederlle a Medalla de Ouro de Ourense

 

Marcos Valcarce

A Deputación de Ourense recolle, dende hoxe, adhesións para a concesión da Medalla de Ouro da Provincia, a título póstumo, a Marcos Valcárcel. Esta recolleita de adhesións enmárcase dentro do procedemento aberto para a concesión desta distinción ao ilustre intelectual ourensán.

Con este recoñecemento, a Deputación de Ourense pretende recoñecer e poñer en valor a traxectoria vital e profesional de Marcos Valcárcel, un intelectual que naceu en Ourense, traballou en Ourense, investigou en Ourense e compartiu a súa sapiencia cos ourensáns, nesa permanente bonhomía que era a súa traza de identidade.

Con este expediente de honores, dase cumprimento ao anuncio que o presidente da Deputación, Manuel Baltar, fixera o pasado 5 de decembro de 2013 no acto de descubrimento da placa que da o nome do ilustre escritor e historiador ourensán o Centro Cultural da Deputación de Ourense, cando sinalou que ao longo de 2014 lle sería outorgada, a título póstumo, a Medalla de Ouro da provincia de Ourense.

 

As adhesións pódense realizar no seguinte apartado da web da Deputación de Ourense:
http://dpouv2.depourense.es/index.php/adhesion-medalla-ouro-marcos-valcarcel?view=form

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar