3.400 novas afiliacións á Seguridade Social de Galicia sitúan o total nos 909 mil

O número medio de afiliacións ao Sistema da Seguridade Social en Galicia durante o mes de
abril deste ano 2014 acadou a cifra de 909.494 para o total do sistema, o que supón un
aumento respecto ao pasado mes de marzo de 3.445 afiliacións (un 0,38% máis). Para o
conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 16.430.053, rexistrando un aumento do 0,82%
con respecto a marzo de 2014.

Evolución das afiliacións por CCAA
Na comparativa interanual (abril de 2014 con abril de 2013) obsérvase un aumento de 615
afiliacións no total do sistema en Galicia (un 0,07%), aumento que ven acompañado do
incremento da taxa nun 1,22% (197.701 afiliacións máis) no conxunto estatal.
Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de marzo de 2014 os maiores aumentos
rexístranse en: Baleares (8,9%), Murcia (1,61%), e Cantabria (1,30%). Soamente temos unha
comunidade autónoma que perde afiliados con respecto ao mes pasado, Canarias (sen ter en
conta Ceuta e Melilla), e aínda así presenta unha taxa de variación practicamente nula.
En canto ás taxas con respecto ao mesmo mes do ano anterior, sómente temos tres
comunidades autónomas con taxas negativas. Son: País Vasco, Asturias, Castilla y León, e
Ceuta y Melilla. O maior aumento rexístrano Baleares, Canarias, Murcia e Comunidad
Valenciana. A taxa de variación relativa interanual do conxunto do estado presenta un valor do
1,22%.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar