Barreiro chama a mobilizarse ante as eleccións europeas

PP_Lugo_Barreiro_Millán Mon_elecciones europeas

O presidente do PP de Lugo e voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, aproveitou a presenza do candidato galego ás eleccións europeas, Francisco Millán Mon, na Xunta Directiva Provincial, para animar a todos a mobilizarse de cara o 25- M e co fin de evitar a abstención.

Barreiro explicou que se trata dunhas eleccións importantes para o PP non só pola importancia que ten garantir o avance das políticas postas en marcha co fin de recuperar económicamente este país senón tamén a nivel interno e insistíu en que entre o 70 e 80% da lexislación á que estamos sometidos ven da UE.

“É fundamental participar nas decisións que se adopten en Europa e solo o PP pode facer iso; de aí a importancia destes comicios e de apoiar aos nosos candidatos”- esgrimíu.

Ante alcaldes, presidentes locais e demáis representantes do PP de Lugo, o líder dos populares nesta provincia afirmou que ningún candidato galego de calquer partido pode acreditar a formación e a experiencia dos nosos e remarcou que son os elexidos polo partido para representar a España en Europa porque teñen capacidade para iso.

O presidente provincial insistíu en que é fundamental participar nas decisións que se adopten en Europa e solo o PP pode facer iso; de aí a importancia destes comicios e de apoiar aos candidatos do PP.

O popular describíu o 2012 como o ano da UCI e o 2013 como o do bon camiño e salientou que coa boa xestión de Mariano Rajoy e co esforzo de todos conseguimos evitar o rescate.

Concluíu Barreiro manifestando que como partido “vamos a traballar como si dunhas eleccións municipais se tratase porque o futuro de Lugo, Galicia e España xógase en Europa”.

ELENA VALENCIANO

O presidente do PP de Lugo e voceiro do PP no Senado criticou que os socialistas falen de protexer as pensións cando foron eles os que as puxeron en quebra.

“Á señora Valenciano deberíalle caer a cara de vergonza falar das pensións” manifestou Barreiro, quen afirmou que o único partido que conxelou e puxo en risco o sistema público das pensións foi o partido ao que pertence, ao PSOE.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar