Louzán inspecciona a mellora do edificio do campo de fútbol de Vilaxoán

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado polo alcalde de Vilagarcía, Tomás Foles, e diversos técnicos, visitou hoxe as obras de construcción do vestiario e outras dependencias no campo de fútbol de Vilaxoán que acomete a institución provincial e que están prácticamente rematadas.
Os traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Abilleira pola cantidade de 74.978 euros. Consistiron na construcción dunha edificación de planta baixa, complementaria da actualmente esistente, para albergar outro módulo de vestiarios e dependencias auxiliares para servizo do campo onde xoga o San Martín C.F..
O novo edificio construido está composto por dous vestiarios con duchas e aseos para os equipos, un vestiario para árbitros, aseos para o público e un local para almacén xeral. En total, a superficie construida foi de 182 metros cadrados.
A nova edificación está situada detrás do graderío adosada ó muro que pecha o recinto polo oeste. A parcela é practicamente rectangular e, na actualidade, conta cunha orografia plana por ter sofrido o proceso de esplanación correspondente cando se construiu o campo de futbol de Vilaxoán.
Na súa visita, a directiva do clube San Martín de Vilaxoán plantexou a Louzán melloras complementarias como a construcción de novas oficiñas e dunha grada. O presidente considerounas e en breve as acometerá tendo en conta que o campo foi inaugurado en 1986 e conta con determinadas dependencias en estado obsoleto.
Louzán lembrou que este era un compromiso dunha demanda histórica de Vilaxoán agora cumprida.
Pola súa banda, Tomás Fole lembrou que a obra pertencia ao PID do ano 2012 e manifestou a súa gratitude á Deputacióno .

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar